Cabana Miudiño

184,95 (Iva incluido)

Acubillo en tea de loneta e madeira de piñeiro e de eucalipto.

Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega:
15 días, baixo pedido.

 

SKU: CABANA2107025Categoría: Etiquetas: , , ,

Envío gratuíto en pedidos superiores a 150€!

  • Envío 24/48h desde España peninsular
  • Entrega estimada, según transportista
  • Recogida en tienda disponible
Pago seguro garantizado

A cabana é un acubillo deseñado por Miudiño, realizado artesanalmente en tea de loneta e madeira de piñeiro e de eucalipto.

A colección de xoguetería téxtil, achega novas oportunidades lúdicas e pedagóxicas para a rapazada, sen perder o emprego de materiais naturais e de alta calidade, propios do catálogo de Miudiño.

Os espazos de agocho tórnanse indispensables pola súa versatilidade no xogo, creación continua e adaptación ás necesidades emocionais de cada momento.

A cabana ou tipi ou teepee, é a vivenda nómade orixinal das tribos das Grandes Chairas de América do Norte. É quizais a máis útil, cómoda e fermosa de todas as vivendas portátiles xamais creadas…

Para vivir mil aventuras sen saír de casa!

O tipi era usado polos pobos indíxenas nómades dos Estados Unidos. Durante o inverno, proporciona refuxio e confort e é fresco durante o verán, e o seu interior permanece seco en caso de choiva. As mulleres eran as que montaban e movían as vivendas, elixían a localización e organizaban a distribución da aldea. Eran as propietarias das tendas de campaña, que estaban coidadosamente deseñadas para ser portátiles. Toda a aldea podía montarse nunha hora.

É un xoguete ideal para que os nosos pequenos teñan o seu recuncho de lectura, un agocho ou unha zona de relaxación.

Características da cabana de Miudiño:
  • A partir dos 24 meses.
  • Nº de xogadores: 1 participante ou mais.
  • Fabricada en loneta de algodón e madeira.

 

Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega:
15 días, baixo pedido.

¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.

Peso18,920 kg
Dimensiones43 × 44 × 40 cm
Edad

2+

Material

Madera y loneta de algodón.

     Este producto cumple la normativa Europea de calidad.
Carrito de compra
Patapum
error: Contenido protegido!!
Scroll al inicio