Bóla sensorial Miudiño

33,00 (Iva incluido)

Balón sensorial de textura suave para os primeiros descubrimentos.

Disponibilidad:Hay existencias

SKU: 210705025002Categoría: Etiquetas: ,

Envío gratuíto en pedidos superiores a 150€!

  • Envío 24/48h desde España peninsular
  • Entrega estimada, según transportista
  • Recogida en tienda disponible
Pago seguro garantizado

A bóla sensorial é da colección de Bebé, xoguetes para medrar de Miudiño, acompaña ao teu bebé nos primeiros descubrimentos.

Un xoguete suave, sostible e seguro, invita a explorar, tocar e xogar con liberdade, estimulando os sentidos e a curiosidade. Feita con agarimo no obradoiro artesanal, é unha peza sostible que crece co bebé.

Esta bóla sensorial convida a descubrir o mundo a través do tacto, a curiosidade e o xogo tranquilo. A súa forma entrelazada facilita que o bebé a colla e manipule con facilidade, estimulando os sentidos e a motricidade fina.

É unha peza moi versátil, perfecta para crear novas combinacións de xogo: pódense engadir teas, aros ou pequenas cintas para favorecer a exploración e o desenvolvemento sensorial.

Feita con agarimo no obradoiro artesanal, esta pelota sensorial está elaborada con algodón natural con certificado GOTS e recheo de lá natural, é suave e sugura para levar á boca. A súa forma de nó entrelazado facilita o agarre e estimula os sentidos e a motricidade fina do bebé dende os primeiros meses de vida.

A colección Bebé de Miudiño nace do coidado e da confianza: xogos e accesorios totalmente seguros tanto por dentro como por fóra. Pensada para coidar o benestar do bebé e ofrecer tranquilidade ás familias que confían na natureza.

Están feitos con materiais agarimosos, axeitados para o comezo da vida e 100% libres de sintéticos, garantindo seguridade e confort en todas as pezas. Pezas suaves, sostibles e seguras, pensadas para acompañar cada descubrimento do bebé coa tranquilidade de saber que coidamos da súa saúde.

Características da bóla sensorial de Miudiño:
  • Idade recomendada: dende o nacemento.
  • Material principal: algodón 100% con certificado GOTS.
  • Recheo: lá natural de ovella.
  • Medidas do xoguete: 15 x 15 x 15.

 

Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.

Peso0,844 kg
Dimensiones15 × 15 × 15 cm
Edad

0+

Material

Algodón 100% con certificado GOTS e recheo de lá natural de ovella

Colección

Bebés

     Este producto cumple la normativa Europea de calidad.
Carrito de compra
Patapum
error: Contenido protegido!!
Patapum | Bola Sensorial Primeros Juguetes Miudino1Bóla sensorial Miudiño
33,00 (Iva incluido)

Disponibilidad:Hay existencias

Scroll al inicio