Puzzles dos fondos mariños das Illas Atlánticas Miudiño

19,00 (Iva incluido)

Puzzles que unen xogo, arte e natureza.

-+
SKU: VARIABLEPUZZLESMIUDIÑOCategoría: Etiquetas: ,

Envío gratuíto en pedidos superiores a 150€!

  • Envío 24/48h desde España peninsular
  • Entrega estimada, según transportista
  • Recogida en tienda disponible
Pago seguro garantizado

Os puzzles dos fondos mariños das Illas Atlánticas de Miudiño son un novo produto para fogares, escolas e bibliotecas. Catro deseños inspirados nas láminas do libro Os nosos mares, que nos achegan á riqueza dos fondos mariños das Illas Atlánticas de Galicia: bosque de algas, fondo de area, fondo de maërl y fondo de rocha.

Puzzles que unen xogo, arte e natureza. A partir das fermosas ilustracións de Clara Cerviño para o libro Os nosos mares, convidan a descubrir a vida que se agocha nos fondos mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: rochas, areas, bosques de algas e fondos de maërl cheos de cor e biodiversidade.

En cada deseño identifícanse arredor de vinte especies co seu nome galego, que aparecen só ao montar o puzzle, un pequeno misterio que fai da montaxe unha experiencia máis divertida e educativa.

Un material manipulativo en galego, pensado a partir dos 6 anos, que fomenta o coñecemento, o respecto e a protección do noso mar.

Proxecto cofinanciado coas axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia 2025.

Características dos puzzles dos fondos mariños das Illas Atlánticas de Miudiño:
  • Idade recomendada: a partir dos 6 aniños.
  • Material: cartón.
  • Número de pezas de cada puzzle: 200 pezas.
  • Tamaño do puzzle: 31 x 42.

 

¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.

Peso0,770 kg
Dimensiones35 × 22 × 4 cm
Edad

6+

Material

Cartón

Número de piezas

200

     Este producto cumple la normativa Europea de calidad.
Carrito de compra
Patapum
error: Contenido protegido!!
Patapum | Puzzles Dos Fondos Marinos Das Illas Atlanticas MiudinoPuzzles dos fondos mariños das Illas Atlánticas Miudiño
19,00 (Iva incluido)Seleccionar opciones
Scroll al inicio