,

Unha volta ao ano

16,00 (Iva incluido)

Unha viaxe para celebrar os cambios grandes e pequenos da vida.

Disponibilidad:Hay existencias

SKU: 9788413434049Categorías: ,

Envío gratuíto en pedidos superiores a 150€!

  • Envío 24/48h desde España peninsular
  • Entrega estimada, según transportista
  • Recogida en tienda disponible
Pago seguro garantizado

Unha volta ao ano é un álbum ilustrado que propón unha viaxe poética a través das estacións do ano. Unha viaxe para celebrar os cambios grandes e pequenos da vida.

Está chea de humor, tenrura e sensibilidade, unha obra protagonizada por unha simpática familia de ratiños. Retrata todo aquilo que sucede ao longo dun ano e do ciclo das estacións, momentos marabillosos e outros non tanto. Aprendizaxes, pequenos desafíos e grandes descubrimentos que forman parte da aventura de crecer.

Trátase dun relato de estrutura circular para prelectores e primeiros lectores:
  • Sen citar os meses, sitúanos a comezos de xaneiro, en pleno inverno, cando predomina a estancia no fogar e a posibilidade de gozar da neve.
  • Segue en primavera coa floración e o aumento progresivo das actividades de lecer ao aire libre con outros habitantes do barrio.
  • Despois chega o verán coa calor, cos xogos na praia e na piscina.
  • E avanza ao outono coa caída das follas e a volta ao espazo doméstico, para retornar ao tempo invernal, cos encontros arredor das festas do Nadal.

As ilustracións, expresivas e cheas de cor, capturan a esencia de cada estación. Os xogos na casa durante o inverno, os paseos en bicicleta coa chegada da primavera. Os xeados do verán ou as follas que caen no outono. Unha obra que celebra a natureza cíclica do ano e o paso do tempo a través da mirada curiosa da infancia. Tamen é especialmente ideal para compartir en familia, e para gozar unha e outra vez, como as estacións que regresan con cada volta do calendario.

Mariana Ruiz Johnson reúne unha escolma de vivencias propias de cada etapa. Dende o anecdótico ata acontecementos destacados, que suceden en distintos momentos (mañá, tarde, noite) e nas que a infancia se recoñece. Esa identificación refórzase cun enfoque narrativo en segunda persoa que apela directamente as lectoras e os lectores. Á vez que asistimos ás accións que se desenvolven con breves diálogos.

Esa combinación de bocadillos de cómic, textos e páxinas visuais enlazadas coa repetición da frase “e os días irán pasando…” achega ritmo e dinamismo a esta divertida historia. Os protagonistas medraron nun ambiente feliz, adquiriron coñecementos e descubrimos cambios no seu círculo familiar.

O colorido dos escenarios, non só no interior da casa, se non tamen na natureza, xunto coa expresividade dos personaxes. O humor e a tenrura que desprende cada páxina, completan esta proposta que evidencia a versatilidade creativa da autora.

Unha volta ao ano destaca polos seguintes aspectos:
  • Celebra os cambios, tanto os grandes coma os pequenos, que ocorren na vida e na natureza co paso do tempo.
  • Unha narración cargada de humor, tenrura e sensibilidade.
  • É unha historia que «cando termine volverá comezar», reflectindo o ciclo infinito do tempo onde nada volve ser exactamente igual.

 

Lee as primeiras páxinas AQUÍ.

Peso0,072 kg
Dimensiones21 × 27,5 × 0,5 cm
Edad

3+

Autora e ilustradora

Mariana Ruiz Johnson

Editorial

Kalandraka

Colección

DEMADEMORA

Idioma

Gallego

Encuadernación

Tapa dura

ISBN

9788413434049

Tipografía

Letra imprenta

Páginas

50

     Este producto cumple la normativa Europea de calidad.
Carrito de compra
Patapum
error: Contenido protegido!!
Patapum | Unha Volta Ao Ano Libros KalandrakaUnha volta ao ano
16,00 (Iva incluido)

Disponibilidad:Hay existencias

Scroll al inicio