Bim Bam Bum é un álbum ilustrado creado por Maria Girón e editado por Kalandraka. Unha divertida obra musical e acumulativa, gañadora do XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
Unha obra fresca e vibrante que nos invita a desfrutar dun divertido día de praia cos amigos, cheo de ritmo, xogos e humor.
A historia narra a aventura de Bim, Bam e Bum, tres amigos que emprenden unha viaxe cara á praia. Ao longo do camiño vai se unindo a eles unha sonora comitiva de bañistas (tanto humanos como animais de todo tipo).
Seguindo un esquema baseado na repetición, nos diálogos breves e na acumulación de personaxes, a historia avanza de forma áxil, dinámica e melódica. As fendas no patrón narrativo son o factor sorpresa que incentiva a lectura con refachos de humor e frescura.
A obra é un divertido relato de celebración da amizade. Unha reivindicación do xogo infantil baseado na liberdade, no movemento, na oralidade e na imaxinación fronte ao sedentarismo, os xoguetes sofisticados e as pantallas electrónicas.
Entre os protagonistas hai nenas e nenos de distintas idades, canda animais humanizados, que se desprazan a pé ou sobre rodas. Que amosan a cantidade de actividades que se poden facer en plena natureza, que gozan creando poemas, como o xogo fonético que resulta ao recitar os seus nomes. «Bim Bam Bum».
É unha obra alegre e vibrante, xenuína e atemporal que non só acompaña o bo tempo, senón que tamén ilumina os días grises.
O colorido de cada páxina, o trazo solto das ilustracións, a variedade de planos e o dominio do espazo formando unha secuencia de estilo cinematográfico. Ademais da simpatía deste peculiar grupo de amigos, completan unha proposta que resalta o afán lúdico da infancia e a felicidade que debe prevalecer nesta etapa da vida.








