,

Chin Bam Bum!

12,00 (Iva incluido)

Pequenos paxaros  que crean unha ruidosa «orquestra» empregando utensilios domésticos, como unha forma divertida de explorar o seu contorno e participar en xogos simbólicos.

Sin existencias

SKU: 9788413430553Categorías: , Marca:

Envío gratuíto en pedidos superiores a 150€!

  • Envío 24/48h desde España peninsular
  • Entrega estimada, según transportista
  • Recogida en tienda disponible
Pago seguro garantizado

Chin Bam Bum! é un libro infantil da serie de Frédéric Stehr protagonizada por pequenas aves, que desprende tenrura e emoción a través dunha serie de paxariños, reflectindo os sentimentos e as preocupacións dos nenos dun xeito auténtico e profundo. O autor métese na pel dos nenos e das nenas a través destes adorables personaxes que reflicten as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos.

Chin Bam Bum! é un divertido e ruidoso xogo musical creado a través da experimentación cos sons que producen distintos accesorios domésticos; un achegamento ao xogo simbólico que xorde da exploración da contorna máis cercana.

Unha historia que ten aspectos narrativos como a estrutura sumativa e acumulativa, a sinxeleza dos diálogos plasmada a través de frases curtas, onomatopeas, e a atmosfera de ledicia e de espontaneidade que envolve a historia.

A nivel plástico tamén destaca o minimalismo dos escenarios, bosquexados a través de liñas tenues, mentres que os trazos firmes e a cor resérvanse exclusivamente para os personaxes e as accións que desenvolven, centrando así a atención das lectoras e dos lectores.

De formato acartonado e esquinas romas para adaptarse ás súas necesidades, son relatos abertos, cuxa contraportada redondea o argumento o amplía o final.

 

Lee as primeiras páxinas AQUÍ.

Outros títulos da colección: A hora da sesta y O día das apertas.

Peso0,120 kg
Dimensiones20 × 1,2 × 20 cm
Edad

1+

Autor e ilustrador

Frédéric Stehr

Editorial

Kalandraka

Encuadernación

Cartoné

ISBN

9788413430553

Tipografía

Letra imprenta.

Páginas

28

Idioma

Gallego

   Este producto cumple la normativa Europea de calidad.

KALANDRAKA EDITORA, S.L.
Calle Pastor Díaz, 1 – Piso 4B
36001 Pontevedra. España
Teléfono: +34986860276
E-mail: infoweb@kalandraka.com
Web: https://kalandraka.com/

Carrito de compra
Patapum
error: Contenido protegido!!
Scroll al inicio