Descripción
A pesca do pau de Miudiño é un magnífico xoguete de habilidade motriz baseado no tradicional “pesca da botella”.
Realizado artesanalmente, en madeira tratada con aceites naturais.
A pesca do pau Miudiño consta dunha base en tronco e un pau de poda simulando a botella.
Para enganchar, trae unha cana feita con pau de poda, cordel de algodón e anel de ferro.
Inclúe bolsa para gardar o xogo.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.