Descripción
O pedal de Miudiño é un xoguete de desprazamento e equilibrio, realizado artesanalmente en madeira de piñeiro tratada con aceites naturais.
Está composto por dúas bases e catro rodas cun eixo que lles permite o desprazamento.
O pedal de Miudiño mostra a complexidade de manter o equilibrio sobre unha base en movemento, de procurar atopar en nós mesmos o noso punto central para estar por riba de todo o movemento e dirixir a nosa vida.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.