Descripción
A chave ferrolterra de Miudiño é un marabilloso xoguete de puntería. Realizado artesanalmente en madeira de piñeiro tratada con aceites naturais.
A chave ou xogo da chave ou deporte da chave, é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.
O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces. A chave colócase inclinada e cunha pequena gabia atrás para que non roden os pellos. Pódese xogar en equipo ou por parellas.
Consta de varias pezas: a caixa coa chave e 6 pellos.
Características da chave ferrolterra de Miudiño:
- A partir dos 6 anos.
- Nº de xogadores: mais de 2 participantes.
- Inclúe unha bolsa de almacenamento e instrucións.
- Medidas da caixa: 46 x 63 x 41 cm.
- Medidas dos pellos 6: x 2,5 cm.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.