Descripción
O Pai Fillo Nai de Miudiño é a súa reprodución artesanal do clásico xogo en taboleiro mediano de madeira maciza tratada con aceites naturais. Inclúe 6 fichas, que poden ser de froitos secos ou recortes de madeira.
Un xogo no que terás que ir colocando as fichas por quendas, e ser o primeiro en formar unha liña coas túas 3 fichas, e gañar.
O taboleiro e as pezas do Pai Fillo Nai son resistentes e teñen o tamaño perfecto para as mans pequenas.
Características do Pai Fillo Nai de Miudiño:
- Idade recomendada: dende os 6 anos.
- Nº de xogadores: 2 participantes.
- Medidas do xoguete: 28 x 40 x 2
- Bolsa e indicacións de xogo.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.