Descripción
O Fungagatos de Miudiño é un fermoso xogo de habilidade e diversión, co que tamén se traballa a curiosidade. Como pode algo tan pequeno cambiar de forma e asubiar co movemento?
Está feito a man, cun corpo feito de madeira podada tratada con aceites naturais. A corda é de algodón.
Serás capaz de facelo asubiar?
Características do fungagatos de Miudiño:
- A partir dos 5 anos.
- Nº de xogadores: 1 participante.
- Medidas do xoguete: longo cordel 45 cm e peza de madeira 5 cm de diámetro.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.