Descripción
A choza abraza-árbores de Miudiño é un elemento de xogo que, rodeando unha árbore, forma unha estancia onde acubillarse. Realizada artesanalmente en tea de loneta.
A colección de xoguetería téxtil, achega novas oportunidades lúdicas e pedagóxicas para a rapazada, sen perder o emprego de materiais naturais e de alta calidade, propios do catálogo de Miudiño.
Os espazos de agocho tórnanse indispensables pola súa versatilidade no xogo, creación continua e adaptación ás necesidades emocionais de cada momento.
Podendo utilizala tamén os nosos pequenos coma o seu recuncho de lectura, un agocho ou unha zona de relaxación.
Características da choza abraza-árbores de Miudiño:
- A partir dos 24 meses.
- Nº de xogadores: 1 participante ou mais.
- Fabricada en loneta de algodón e madeira.
- Inclúe unha bolsa de almacenamento e instrucións.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.