Descripción
O peón de caixa de Miudiño é un marabilloso xoguete de habilidade e destreza tradicional galego. Está feito a man con madeira de piñeiro tratada con aceites naturais e corda de algodón.
Consta de varias pezas: un peón (ou trompo), unha caixa e unha corda cunha asa.
Xógase enroscando o cordel arredor do peón e lanzándoo, para despois recollelo coa caixa.
Cómo se xoga:
- Monta o peón: enrosca o cordel de algodón co mango no peón de madeira.
- Prepara o lanzamento: axusta o cordel para que quede ben pegado ao peón.
- Lanza o peón: fai un movemento de lanzamento coa man para que o peón xire rapidamente no chan.
- Recolle o peón: utiliza a caixa para recoller o peón mentres este segue xirando no chan.
Características do peón de caixa de Miudiño:
- A partir dos 8 anos.
- Nº de xogadores: 1 participante.
- Inclúe unha bolsa de almacenamento.
- Inclúe instrucións.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.