Descripción
O Tangram de Miudiño é unha reprodución en tamaño mediano do clásico xogo chinés de 7 pezas.
Emprégase en contextos lúdico e educativo, por facilitar tanto a creatividade na composición de figuras coma na introdución de conceptos xeométricos.
Todo o tangram de Miudiño está realizado artesanalmente, en madeira de piñeiro e tratado con aceites naturais.
Inclúe bolsa e indicacións de xogo.
O tangram é de orixe chinesa e está composto por diferentes pezas. Todas elas combínanse para crear unha multitude de formas diferentes: persoas, animais, medios de transporte, números, letras, obxectos abstractos, etc.
A máis coñecida é o chamado TANGRAM CHINÉS ou TABLA DA SABEDURÍA. Posteriormente apareceron outros dez crebacabezas baseados na mesma idea.
Características:
- Orientación e estruturación espacial.
- Coordinación visuomotora.
- Atención.
- Razoamento lóxico-espacial.
- Percepción visual e memoria.
- Percepción da figura e do fondo.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.