Descripción
A Billarda de Miudiño é un clásico xogo de habilidade, para traballar a coordinación ollo-man e tamén fan que desenvolvamos a nosa paciencia e a frustración.
Este xogo está realizado artesanalmente, co corpo en madeira de eucalipto, e está tratada con aceites naturais.
As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Pódese xogar en solitario, pero moitos deles están especialmente indicados para o xogo grupal, construíndo espazos de acercamento, aprendizaxe e divertimento en común.
Require dun espazo amplo de xogo e moita precaución co medio no que se xoga, e coas persoas participantes e situadas nas proximidades.
Características da billarda de Miudiño:
- Idade recomendada: +3 anos.
- Nº de xogadores: mais de 2.
- Inclúe bolsa de transporte e instrucións.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.