Descripción
A rá de Miudiño é un fermoso xogo de puntería, realizado artesanalmente, co corpo en madeira de piñeiro tratada con láser e elementos de xogo en ferro fundido. Para traballar a coordinación ollo-man e tamén… a paciencia e a frustración.
Os xogos de habilidade e puntería, ademais de facernos traballar esas características, fan que desenvolvamos tamén a nosa paciencia.
Pódese xogar en solitario, pero moitos deles están especialmente indicados para o xogo grupal, construíndo espazos de acercamento, aprendizaxe e divertimento en común.
Características da rá de Miudiño:
- Idade recomendada: +3 anos.
- Nº de xogadores: mais de 2.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.