Descripción
As Pontes de Miudiño é un fermoso xoguete de puntería. Realizado artesanalmente e composto de corpo elaborado en madeira de piñeiro e seis discos. Tratada con aceites naturais.
Indicacións de xogo:
O xogo consiste en facer rodar os discos e metelos polas diferentes portas (con cadansúa puntuación) ata unha puntuación máxima acordada entre os participantes. A distancia de lanzamento e igualmente acordada entre eles. Mínimo 2 xogadores.
Características de As pontes de Miudiño:
- A partir dos 6 anos.
- Nº de xogadores: para mais de 2 participantes.
- Inclúe unha bolsa de almacenamento e instrucións.
- Medidas do xoguete: 43 x 44 x 40 cm.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.