Descripción
A cabana é un acubillo deseñado por Miudiño, realizado artesanalmente en tea de loneta e madeira de piñeiro e de eucalipto.
A colección de xoguetería téxtil, achega novas oportunidades lúdicas e pedagóxicas para a rapazada, sen perder o emprego de materiais naturais e de alta calidade, propios do catálogo de Miudiño.
Os espazos de agocho tórnanse indispensables pola súa versatilidade no xogo, creación continua e adaptación ás necesidades emocionais de cada momento.
A cabana ou tipi ou teepee, é a vivenda nómade orixinal das tribos das Grandes Chairas de América do Norte. É quizais a máis útil, cómoda e fermosa de todas as vivendas portátiles xamais creadas…
Para vivir mil aventuras sen saír de casa!
O tipi era usado polos pobos indíxenas nómades dos Estados Unidos. Durante o inverno, proporciona refuxio e confort e é fresco durante o verán, e o seu interior permanece seco en caso de choiva. As mulleres eran as que montaban e movían as vivendas, elixían a localización e organizaban a distribución da aldea. Eran as propietarias das tendas de campaña, que estaban coidadosamente deseñadas para ser portátiles. Toda a aldea podía montarse nunha hora.
É un xoguete ideal para que os nosos pequenos teñan o seu recuncho de lectura, un agocho ou unha zona de relaxación.
Características da cabana de Miudiño:
- A partir dos 24 meses.
- Nº de xogadores: 1 participante ou mais.
- Fabricada en loneta de algodón e madeira.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.