Descripción
A hélice de Miudiño é un magnífico xoguete de habilidade. Este xogo gaña moito se o facemos en compaña, quen o conseguirá?
Está fabricada artesanalmente en madeira de piñeiro, e tratada con aceites naturais.
Esta hélice de Miudiño consta dunha base redonda con espigo central e a hélice con cordel de algodón.
Moi apropiada para traballar a perseveranza!
Características:
- Medidas do xoguete: diámetro 39 cm e 35 cm de alto.
- Idade recomendada: +12 anos.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.