Folla de carballo Miudiño

15,00 (Iva incluido)

Anel de madeira para bebés dende o nacemento.

Disponibilidad:Hay existencias

SKU: 210704025004Categoría: Etiquetas: ,

Envío gratuíto en pedidos superiores a 150€!

  • Envío 24/48h desde España peninsular
  • Entrega estimada, según transportista
  • Recogida en tienda disponible
Pago seguro garantizado

A folla de carballo é da colección de Bebé, xoguetes para medrar de Miudiño, un mordedor en forma de folla de carballo, feito con algodón orgánico azul e unha argola de madeira natural.

Un xoguete suave, sostible e seguro, creado con agarimo para acompañar os primeiros descubrimentos do teu bebé.

Esta folla de carballo azul, inspirada na árbore que mantén vivos os nosos montes galegos, simboliza a forza, a calma e o paso das estacións. Un mordedor artesanal que convida a descubrir o mundo a través do tacto, a curiosidade e o xogo tranquilo.

Feita con agarimo no obradoiro artesanal, esta folla de carballo está elaborada con algodón natural con certificado GOTS e recheo de napa de algodón orgánico 100%, acompáñase dunha argola de madeira sen tratar. Un xoguete natural, seguro e suave, que estimula o tacto e acompaña ao bebé nos primeiros meses de vida.

A colección Bebé de Miudiño nace do coidado e da confianza: xogos e accesorios totalmente seguros tanto por dentro como por fóra.

Están feitos con materiais agarimosos, axeitados para o comezo da vida e 100% libres de sintéticos, garantindo seguridade e confort en todas as pezas. Pezas suaves, sostibles e seguras, pensadas para acompañar cada descubrimento do bebé coa tranquilidade de saber que coidamos da súa saúde.

Características da folla de carballo de Miudiño:
  • Idade recomendada: dende o nacemento.
  • Material principal: algodón natural con certificado GOTS.
  • Recheo: Napa de algodón orgánico 100%.
  • Argola: madeira natural sen tratar.
  • Medidas do xoguete: 16 x 7 x 0,8.

 

Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.

Peso0,022 kg
Dimensiones16 × 7 × 0,8 cm
Edad

0+

Material

Madera y algodón orgánico

Colección

Bebés

     Este producto cumple la normativa Europea de calidad.
Carrito de compra
Patapum
error: Contenido protegido!!
Patapum | Folla De Carballo Primeros Juguetes Miudino1Folla de carballo Miudiño
15,00 (Iva incluido)

Disponibilidad:Hay existencias

Scroll al inicio