Descripción
Os puzzles dos fondos mariños das Illas Atlánticas de Miudiño son un novo produto para fogares, escolas e bibliotecas. Catro deseños inspirados nas láminas do libro Os nosos mares, que nos achegan á riqueza dos fondos mariños das Illas Atlánticas de Galicia: bosque de algas, fondo de area, fondo de maërl y fondo de rocha.
Puzzles que unen xogo, arte e natureza. A partir das fermosas ilustracións de Clara Cerviño para o libro Os nosos mares, convidan a descubrir a vida que se agocha nos fondos mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: rochas, areas, bosques de algas e fondos de maërl cheos de cor e biodiversidade.
En cada deseño identifícanse arredor de vinte especies co seu nome galego, que aparecen só ao montar o puzzle, un pequeno misterio que fai da montaxe unha experiencia máis divertida e educativa.
Un material manipulativo en galego, pensado a partir dos 6 anos, que fomenta o coñecemento, o respecto e a protección do noso mar.
Proxecto cofinanciado coas axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia 2025.
Características dos puzzles dos fondos mariños das Illas Atlánticas de Miudiño:
- Idade recomendada: a partir dos 6 aniños.
- Material: cartón.
- Número de pezas de cada puzzle: 200 pezas.
- Tamaño do puzzle: 31 x 42.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.









