Descripción
«Os nosos bosques, pinta e colorea» está baseado no libro «Os nosos bosques» de Miudiño. Contén 45 ilustracións de animais, plantas e paisaxes cos seus respectivos nomes en diferentes grafías. Deste xeito, os primeiros lectores poden practicar e mellorar a súa comprensión, aprendendo a recoñecer e nomear os seres vivos que nos rodean mentres crean fermosas ilustracións.
As liñas sinxelas das ilustracións de Clara Cerviño, a variedade de formas para pintar e o peso do papel permitiranlles dar renda solta á súa imaxinación usando unha ampla variedade de ferramentas de coloreado.
Non podes defender o que non amas, e non podes amar o que non coñeces.
«Coñecer para amar«, trátase dunha colección que pretende achegar unha pequena mostra do vasto coñecemento que temos en Galicia para nomear os seres vivos que nos acompañan, coa esperanza de sementar amor nos nosos corazóns para coidar e defender a biodiversidade da nosa terra.













