Descripción
O Desencantamento é un libro ilustrado que pertence á colección «Os contos da Moura». Conta unha historia de coraxe e determinación. Busca crear un novo espazo para promover a nosa mitoloxía, as historias e lendas que se espallan por toda Galicia.
Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana, adoita ir co seu gando a un lugar chamado «Outeiro das Mouras». Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados… Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?
A poética narrativa de Rafael Quintía, xunto coas fermosas ilustracións de Miguel Peralta, fan deste un libro único, unha delicia para os sentidos de nenos, adultos e calquera que queira gozar dunha reconexión coa tradición oral e a mitoloxía gallega.
«O desencantamento» é tamén unha coedición entre Miudiño S.Coop Galega e Ab Origine SLL, colaborando en exclusiva con empresas da economía social de Galicia, demostrando que a través da cooperación podemos acadar resultados orixinais con alto valor engadido. Nesta ocasión, acompañados por Cestola na Cachola, Catro Ventos e Gráficas Anduriña.











