Descripción
“Os nosos mares” é o segundo libro da colección «Coñecer para amar» de Miudiño. Nas súas fermosas ilustracións, móstrase a riqueza de vida agochada no mar de Galicia, convidándonos a examinar e aprender sobre os bosques mergullados e os diversos fondos mariños… para descubrir a realidade que experimentamos nunha gran parte das augas salgadas do país.
«Coñecer para amar» trátase dunha colección que pretende achegar unha pequena mostra do vasto coñecemento que temos en Galicia á hora de nomear os seres vivos que nos acompañan. Espera sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade da nosa terra.
«Os nosos mares» é un libro en cartoné de gran tamaño, con 5 ecosistemas en diferentes acuarelas de Clara Cerviño e contido ambiental de Diego García, Noela Sánchez e Jorge Pascual.
Non se pode defender o que non se ama, e non se pode amar o que non se coñece.
Publicación con asesoramento do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia (UCC CSIC-Galicia, Santiago de Compostela), e da Universidade da Coruña (UDC, A Coruña)












