Unha caixa misteriosa

A imaxinación percorrendo nun mundo de fantasía.

12,00 (Iva incluido)

Hay existencias

Descripción

Unha caixa misteriosa é un novo acartonado con texto rimado ideal para compartir e iniciarse no camiño da lectura.

Unha caixa misteriosa encerra todo un mundo de posibilidades. O seu contido é infinito; tanto como o que alcanza a curiosidade, a fantasía, a capacidade creativa para desenvolver grandes aventuras.

Unha caixa misteriosa aparece no xardín. Que haberá dentro?

A imaxinación de Ana dispárase e ao lombo da caixa percorre o mundo da fantasía, dende os lugares máis próximos e familiares aos máis afastados, fantásticos e extraordinarios.

Visita unha bruxa, viaxa ata unha illa misteriosa, percorre grandes ríos conxelados, adéntrase nestos bosques onde viven uns trasnos…

A partir dun obxecto tan simple, a protagonista deixa de estar soa para rodearse, primeiro, de elementos relacionados co xogo, a festa, a diversión. Ao paso das páxinas, medra o caudal de ilusión incorporando personaxes, aventuras, maxia, escenarios remotos, misterio, emoción, risco, música… Nunca en tan pouco espazo couberon tantas historias!

Cando finalmente abre a caixa, unha sorpresa aínda máis grande que a que esperaba agarda por ela.

Regresan as divertidas rimas de Jordi Gastó e as expresivas ilustracións de Christian Inaraja nun novo álbum acartonado para prelectores, ideal para compartir e tamén para iniciarse no camiño da lectura.

Como nos títulos precedentes, as ilustracións destacan pola súa expresividade e potencia comunicativa, cunha pequena homenaxe ao clásico «Onde viven os monstros», de Maurice Sendak. De trazos sinxelos, son estruturas deliberadamente básicas e imperfectas, con cores planas e intensas que acentúan o carácter lúdico do texto.

Información adicional

Peso0,072 kg
Dimensiones19 × 0,8 × 19 cm
Edad

3+

Autor

Jordi Gasto

Ilustrador

Christian Inaraja

Editorial

Kalandraka

Encuadernación

Cartoné

ISBN

9788413433516

Tipografía

Letra imprenta.

Páginas

22

Idioma

Gallego


Patapum | Marcado Ce Europe

Este producto cumple la normativa Europea de calidad.