Descripción
Chin Bam Bum! é un libro infantil da serie de Frédéric Stehr protagonizada por pequenas aves, que desprende tenrura e emoción a través dunha serie de paxariños, reflectindo os sentimentos e as preocupacións dos nenos dun xeito auténtico e profundo. O autor métese na pel dos nenos e das nenas a través destes adorables personaxes que reflicten as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos.
Chin Bam Bum! é un divertido e ruidoso xogo musical creado a través da experimentación cos sons que producen distintos accesorios domésticos; un achegamento ao xogo simbólico que xorde da exploración da contorna máis cercana.
Unha historia que ten aspectos narrativos como a estrutura sumativa e acumulativa, a sinxeleza dos diálogos plasmada a través de frases curtas, onomatopeas, e a atmosfera de ledicia e de espontaneidade que envolve a historia.
A nivel plástico tamén destaca o minimalismo dos escenarios, bosquexados a través de liñas tenues, mentres que os trazos firmes e a cor resérvanse exclusivamente para os personaxes e as accións que desenvolven, centrando así a atención das lectoras e dos lectores.
De formato acartonado e esquinas romas para adaptarse ás súas necesidades, son relatos abertos, cuxa contraportada redondea o argumento o amplía o final.
Lee as primeiras páxinas AQUÍ.
Outros títulos da colección: A hora da sesta y O día das apertas.