Descripción
Un porquiño polo San Martiño é o primeiro álbum ilustrado de Macarena G. Vicente. Un conto feito cun coidado sentido do humor, poñendo en valor o tratamento da morte. A ilustración de Iria Bermúdez, reforza, tamén, a esfera psicolóxica do porquiño protagonista, amosando diferentes arestas emocionais.
Curro recibe grandes doses de aloumiños, goza de longos paseos coa granxeira e come as mellores landras. Ata que un día escoita algo que remata coa súa tranquilidade.
Un porquiño polo San Martiño é unha obra que pon en valor o respecto e o coidado animal dun xeito honesto e sensible, sen caer na procura do riso nin na lexitimación dos excesos. Este respecto aos animais é en grande medida reforzado polo ton afectivo e introspectivo que expresa a obra, xunto á riqueza e profundidade do conxunto.
Premio Alberte Quiñoi 2025 de Álbun ilustrado.








