Descripción
Un vampiro perigozo é un álbum ilustrado que conta unha divertidísima historia para superar os nosos medos. Ademais, os nenos que teñan dificultades de pronunciación, identificaranse co pequeno vampiro.
«Hai moito tempo, na afastada Transilvania, onde naceron os vampiros máis famosos do mundo, aconteceu algo moi aterrador.»
Así da comezo a historia esta fermosa historia. Estades preparados para pasar un bo rato de medo? Ou quizais non…
Unha nena paseaba por unha rúa baleira da remota Transilvania cando apareceu unha enorme sombra! Unha sombra que asombra!
— ZON UN VAMPIRO! UN VAMPIRO PERIGOZO!
A nena tremelicou, pero de risa. Este vampiriño non consegue dar un susto a ninguén. A este pazo non poderá zuperar o exame da ezcola de vampiroz.
Atopa AQUÍ A pantasma das bragas rotas.