Descripción
Un becho estraño de Kalandraka, escrito por Mon Daporta e ilustrado por Óscar Villán, é un libro infantil divertido e de pequeno formato, ideal para os máis pequenos e primeiros lectores.
Un becho estraño é un libro que segue a fórmula dos chamados contos sen fin. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima e o ritmo, a partir dunha estrutura de oito sílabas (metro octosílabo), que se mantén ao longo de todo o relato. Isto invita aos nenos a xogar coa lectura e o manexo do libro.
Ao final, dáselle a volta ao conto para descubrir que o bicho era en realidade un rato, o que revela o concepto dunha «historia sen fin» e ofrece unha experiencia lúdica e exploratoria.
Malia a súa sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico, este libro destaca polo xogo que dá cos nenos e nenas, que descubrirán con el a función lúdica da lectura. Porque pasando as páxinas ata o final e dándolle a volta ao conto…