Descripción
A Xanela dos contos (ventana de cuentos) de Miudiño, é un precioso butai para Kamishibai. Evoca as xanelas antigas, fiestras que abrimos con ilusión e que nos permiten un vivir mil aventuras, coñecer persoas e lugares e soñar con todos os sentidos activos.
A nivel pedagóxico, apaixónanos como proposta, tanto para escolas coma para familias ou como ferramenta para potenciar a afección pola lectura e a escritura xunto a creación artística. Pero ademais nos permite traballar aspectos variados como son o plurilingüismo, a igualdade, a diversidade ou a programación por competencias.
Kamishibai é unha técnica xaponesa para contar historias utilizando ilustracións, textos e voz mediante un teatriño de pequeno tamaño, o butai. Xurdiu en Xapón, durante a crise económica de finais dos anos 20 do século XX, cando a un home que vendía doces en bicicleta ocorréuselle empregar un pequeno teatro de madeira no que, metendo e sacando láminas, contaba unha historia, de tal xeito que a cativada estaba mais motivada a comprarlle lambetadas.
Presentámolo en dous tamaños: para folios en A3 “a xanela dos contos” e A4 “a xaneliña dos contos”.
- Medidas externas para Xanela dos contos (para folios A3): 460 x 340 x 65 mm.
- Medidas externas para Xaneliña dos contos (para folios A4): 345 x 255 x 65 mm.
¡atención! Non apto para nenos menores de 1 ano, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.