Descripción
A bóla sensorial é da colección de Bebé, xoguetes para medrar de Miudiño, acompaña ao teu bebé nos primeiros descubrimentos.
Un xoguete suave, sostible e seguro, invita a explorar, tocar e xogar con liberdade, estimulando os sentidos e a curiosidade. Feita con agarimo no obradoiro artesanal, é unha peza sostible que crece co bebé.
Esta bóla sensorial convida a descubrir o mundo a través do tacto, a curiosidade e o xogo tranquilo. A súa forma entrelazada facilita que o bebé a colla e manipule con facilidade, estimulando os sentidos e a motricidade fina.
É unha peza moi versátil, perfecta para crear novas combinacións de xogo: pódense engadir teas, aros ou pequenas cintas para favorecer a exploración e o desenvolvemento sensorial.
Feita con agarimo no obradoiro artesanal, esta pelota sensorial está elaborada con algodón natural con certificado GOTS e recheo de lá natural, é suave e sugura para levar á boca. A súa forma de nó entrelazado facilita o agarre e estimula os sentidos e a motricidade fina do bebé dende os primeiros meses de vida.
A colección Bebé de Miudiño nace do coidado e da confianza: xogos e accesorios totalmente seguros tanto por dentro como por fóra. Pensada para coidar o benestar do bebé e ofrecer tranquilidade ás familias que confían na natureza.
Están feitos con materiais agarimosos, axeitados para o comezo da vida e 100% libres de sintéticos, garantindo seguridade e confort en todas as pezas. Pezas suaves, sostibles e seguras, pensadas para acompañar cada descubrimento do bebé coa tranquilidade de saber que coidamos da súa saúde.
Características da folla de carballo de Miudiño:
- Idade recomendada: dende o nacemento.
- Material principal: algodón 100% con certificado GOTS.
- Recheo: lá natural de ovella.
- Medidas do xoguete: 15 x 15 x 15.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.










