Descripción
A folla de carballo é da colección de Bebé, xoguetes para medrar de Miudiño, un mordedor en forma de folla de carballo, feito con algodón orgánico azul e unha argola de madeira natural.
Un xoguete suave, sostible e seguro, creado con agarimo para acompañar os primeiros descubrimentos do teu bebé.
Esta folla de carballo azul, inspirada na árbore que mantén vivos os nosos montes galegos, simboliza a forza, a calma e o paso das estacións. Un mordedor artesanal que convida a descubrir o mundo a través do tacto, a curiosidade e o xogo tranquilo.
Feita con agarimo no obradoiro artesanal, esta folla de carballo está elaborada con algodón natural con certificado GOTS e recheo de napa de algodón orgánico 100%, acompáñase dunha argola de madeira sen tratar. Un xoguete natural, seguro e suave, que estimula o tacto e acompaña ao bebé nos primeiros meses de vida.
A colección Bebé de Miudiño nace do coidado e da confianza: xogos e accesorios totalmente seguros tanto por dentro como por fóra.
Están feitos con materiais agarimosos, axeitados para o comezo da vida e 100% libres de sintéticos, garantindo seguridade e confort en todas as pezas. Pezas suaves, sostibles e seguras, pensadas para acompañar cada descubrimento do bebé coa tranquilidade de saber que coidamos da súa saúde.
Características da folla de carballo de Miudiño:
- Idade recomendada: dende o nacemento.
- Material principal: algodón natural con certificado GOTS.
- Recheo: Napa de algodón orgánico 100%.
- Argola: madeira natural sen tratar.
- Medidas do xoguete: 16 x 7 x 0,8.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.











