Descripción
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis é un álbum ilustrado no que Martiño, na noite de Reis, esperta coa necesidade urxente de ouriñar.
«Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos», avisouno o seu pai. Pero a medianoite, Martiño soñaba, e entráronlle unhas enormes ganas de mexar…
Un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de enxeño e de humor, desvela a inxenuidade e a complexidade do maxín infantil. As ilustracións destacan pola súa forte expresividade e fan deste álbum un dos preferidos nas bibliotecas dos cativos.
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis chega sempre polo Nadal para facer sorrir a lectores pequenos e grandes, para que gocen da ledicia e da ilusión que agroma en cada páxina. Porque todo comeza cunha carta co mesmo encabezado: “Queridos Reis…”
A historia, escrita con texto rítmico e humor, xira en torno á emoción, e ás veces ao medo que un neno experimenta ante a maxia daquel momento especial. A trama céntrase na súa emoción, o asombro pola chegada dos Reis Magos e a aventura de ir á casa de baño. Sínda que o resumo principal é a súa necesidade de mexar.
Lee as primeiras páxinas AQUÍ.







