Descripción
Era unha vez… é unha serie de álbums ilustrados publicados pola editora Triqueta Verde, con varios títulos escritos por Beatrice Blue:
- … A orixe das sereas: trata dunha serea que busca transmitir sobre o amor polos animais, a amizade e a cooperación.
- … A vasoira dunha bruxa: que conta a historia dunha nena chamada Moira, que ten problemas cos seus poderes de bruxa. Coa axuda dunha amiga, consegue que a súa maxia comece a brillar.
- … Un corno de unicornio: un conto infantil no que unha nena e un cabaliño que non consegue voar. Sobre a amizade e a axuda.
- … O lume dun dragón: narra a historia dun dragón incomprendido e a entender a verdadeira natureza do dragón e a sús orixe do seu lume.
Son historias que serán devoradas de inmediato polos innumerables pequenos amantes das sereas, das bruxas, dos dragóns e dos unicornios. As súas ilustracións son moi peculiares e fan chegar de inmediato os pequenos lectores a historia e valores que habitan detrás de cada narración, tales como o amor polos animais, a amizade incondicional, axuda ao necesitado e a cooperación.











