Descripción
O día das apertas é un libro infantil da serie de Frédéric Stehr protagonizada por pequenas aves, que desprende tenrura e emoción a través dunha serie de paxariños, reflectindo os sentimentos e as preocupacións dos nenos dun xeito auténtico e profundo. O autor métese na pel dos nenos e das nenas a través destes adorables personaxes que reflicten as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos.
Esta historia céntrase na expresión de afecto e intimidade, mostrando como estas pequenas criaturas lidian coas súas emocións.
A amizade e a complicidade entre estas pequenas aves transpórtanos á tenrura da primeira infancia, ao apego cos seus peluxes e á autenticidade dos sentimentos.
O día das apertas comeza sendo a expresión do afecto mediante un obxecto, o doudou, co que establecen un vínculo e que lles transmite seguridade, calma, consolo… e acaba sendo unha celebración da amizade.
Unha historia que ten aspectos narrativos como a estrutura sumativa e acumulativa, a sinxeleza dos diálogos plasmada a través de frases curtas, onomatopeas, e a atmosfera de ledicia e de espontaneidade que envolve a historia.
A nivel plástico tamén destaca o minimalismo dos escenarios, bosquexados a través de liñas tenues, mentres que os trazos firmes e a cor resérvanse exclusivamente para os personaxes e as accións que desenvolven, centrando así a atención das lectoras e dos lectores.
De formato acartonado e esquinas romas para adaptarse ás súas necesidades, son relatos abertos, cuxa contraportada redondea o argumento o amplía o final.
Lee as primeiras páxinas AQUÍ.
Outros títulos da colección: A hora da sesta y Chin Bam Bum!