Descripción
Bonecas Mitolóxicas é unha colección de bonecos feitos a man de seres mitolóxicos galegos.
Artesáns interesados en promover e difundir os mitos e os espazos sagrados da nosa terra. Mergullácheste no noso mundo?
Mouras, Pandigueiro, Trasnos, Xacias… forman parte da nosa mitoloxía galaica. Queres saber máis?
Mouras é a singular homenaxe que Mitolóxicas ofrece á figura da Moura, o ser máis importante da mitoloxía galaica.
Existen moitas lendas, proverbios, historias e espazos relacionados con ela, en calquera das súas catro facetas: doncela, nai, raíña ou bruxa, pero tamén é unha fermosa oportunidade para falar dos ciclos da vida e da feminidade.
Descrición:
Recheo de la natural. Abrigo de la e zapatos de coiro. Boneca, roupa e zapatos de liño e algodón. O cabelo e a roupa, están tinguidos con elementos naturais no obradoiro mitolóxico.
Características das bonecas Mitolóxicas:
- Medidas da boneca: 43 cm de alto.
- Idade recomendada: a partir de 2 anos.
- Advertencias: Debido ao pelo longo, este xoguete non se recomenda para nenos menores de 18 meses.
- Información sobre alerxias: Xoguete feito con la de ovella 100 % natural.
- Instrucións de lavado: