Descripción
Os birlos de Miudiño son un xogo de habilidade realizados artesanalmente en madeiras variadas, segundo dispoñibilidade. Tratada con aceites naturais.
Un xogo perfecto para traballar a motricidade manual e o xogo de competición. O fin é derribar a maior cantidade de birlos en cada lanzamento.
Un xogador lanza unha bóla pesada contra un conxunto de 10 ou máis pezas de madeira (birlos) dispostas verticalmente ao final dunha pista, co obxectivo de derribar o maior número de birlos posible.
Hai varias modalidades, como os birlos celtas, onde os lanzamentos poden ser aéreos ou rodados, e a puntuación varía segundo a forma de lanzar e se os birlos pasan ou non unha liña de meta.
Hai múltiples colocacións e dinámicas de xogo pola Galicia adiante.
Características dos birlos de Miudiño:
- Idade recomendada: dende os 3 anos.
- Nº de xogadores: para mais de 2 participantes.
Produto dispoñible SÓ contactando exclusivamente coa tenda.
Prazo de entrega: 15 días, baixo pedido.
¡atención! Non apto para nenos menores de 3 anos, perigo de asfixia por pezas pequenas.
Aviso de seguridade: A embalaxe non é un xoguete. Retire a embalaxe antes de xogar.