O día das apertas

Expresión de afecto e intimidade.

12,00 (Iva incluido)

Hay existencias

Descripción

O día das apertas é un libro infantil da serie de Frédéric Stehr protagonizada por pequenas aves, que desprende tenrura e emoción a través dunha serie de paxariños, reflectindo os sentimentos e as preocupacións dos nenos dun xeito auténtico e profundo. O autor métese na pel dos nenos e das nenas a través destes adorables personaxes que reflicten as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos.

Esta historia céntrase na expresión de afecto e intimidade, mostrando como estas pequenas criaturas lidian coas súas emocións.

A amizade e a complicidade entre estas pequenas aves transpórtanos á tenrura da primeira infancia, ao apego cos seus peluxes e á autenticidade dos sentimentos.

O día das apertas comeza sendo a expresión do afecto mediante un obxecto, o doudou, co que establecen un vínculo e que lles transmite seguridade, calma, consolo… e acaba sendo unha celebración da amizade.

Unha historia que ten aspectos narrativos como a estrutura sumativa e acumulativa, a sinxeleza dos diálogos plasmada a través de frases curtas, onomatopeas, e a atmosfera de ledicia e de espontaneidade que envolve a historia.

A nivel plástico tamén destaca o minimalismo dos escenarios, bosquexados a través de liñas tenues, mentres que os trazos firmes e a cor resérvanse exclusivamente para os personaxes e as accións que desenvolven, centrando así a atención das lectoras e dos lectores.

De formato acartonado e esquinas romas para adaptarse ás súas necesidades, son relatos abertos, cuxa contraportada redondea o argumento o amplía o final.

 

Lee as primeiras páxinas AQUÍ.

Outros títulos da colección: A hora da sesta y Chin Bam Bum!

Información adicional

Peso0,120 kg
Dimensiones20 × 1,2 × 20 cm
Edad

1+

Autor e ilustrador

Frédéric Stehr

Editorial

Kalandraka

Encuadernación

Cartoné

ISBN

9788413430577

Tipografía

Letra imprenta.

Páginas

28

Idioma

Gallego


Patapum | Marcado Ce Europe

Este producto cumple la normativa Europea de calidad.