Descripción
A hora da sesta é un libro infantil da serie de Frédéric Stehr protagonizada por pequenas aves, que desprende tenrura e emoción a través dunha serie de paxariños, reflectindo os sentimentos e as preocupacións dos nenos dun xeito auténtico e profundo. O autor métese na pel dos nenos e das nenas a través destes adorables personaxes, que reflicten as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos.
É a hora da sesta na escola infantil cando o pequeno moucho Leo, incapaz de durmir, converte o colchón nunha cabana. Chama a un dos compañeiros para amosarlla, a Oli. A partir de aí, o tamaño da construción vai medrando a medida que os demais paxariños van espertando e sumando máis e máis xergóns ata armar, entre todos, unha “supercabana”.
O traballo colaborativo, o labor en equipo e a cooperación fan posible que, a través do xogo e da imaxinación, a escola sexa un espazo amable e divertido. Onde se fomentan a creatividade e as habilidades do alumnado.
Unha historia que ten aspectos narrativos como a estrutura sumativa e acumulativa. A sinxeleza dos diálogos plasmada a través de frases curtas, onomatopeas, e a atmosfera de ledicia e de espontaneidade que envolve a historia.
A nivel plástico tamén destaca o minimalismo dos escenarios, bosquexados a través de liñas tenues. Mentres que os trazos firmes e a cor resérvanse exclusivamente para os personaxes e as accións que desenvolven. Así centramos a atención das lectoras e dos lectores.
De formato acartonado e esquinas romas para adaptarse ás súas necesidades, son relatos abertos, cuxa contraportada redondea o argumento o amplía o final.
Lee as primeiras páxinas AQUÍ.
Outros títulos da colección: Chin Bam Bum! y O día das apertas.